Durante  o primeiro trimestre  e coincidindo co mes de outono, os alumnos de educación secundaria realizaron un traballo de  investigación sobre as nosas festas populares celebradas durante estas datas.

Traballaron como verdadeiros xornalistas recompilando e estruturando a información para despois escribir un artigo de investigación sobre as celebracións seleccionadas, que foron: “O Samaín” en 2ºESO, “A esfolla do millo” en 3ºESO e “O magosto” en 4ºESO.

Os artigos de investigación seleccionados son os  que acadaron a máxima cualificación nos diferentes cursos.

SAMAÍN OU SAMHAIN

  • O Samaín ou Samhain (Fin de verán) é unha festividade celta moi importante. Os celtas celebraban o final da tempada de colleitas e o Aninovo. Dicíase que nesa noite que era do 31 de Outubro ao 1 de Novembro os antepasados podían volver ao mundo dos vivos a visitar aos seus familiares. Aínda que está festa é moi antiga celébrase de maneira diferente dependendo das culturas:

SAMAÍN NA CULTURA CELTA:

  • Os celtas dividían o calendario en dúas partes:
  • A primeira era chamada a metade escura e comezaba coa lunación de Outubro a Novembro e no chamado mes de SAMONIOS. Polo tanto SAMONIOS convertíase no Ano Novo Celta.
  • A segunda era a chamada metade clara que comezaba coa lunación de Abril a Maio e no mes de GIAMONIOS.
  • Desa forma os meses comezaban con lúa chea e o Aninovo celebrábase durante as 3 noites de SAMONIOS.
  • Como dicíamos antes o Samhaín descríbese como unha comuñón cos nosos antepasados xa que antigamente deixaban comida nas casas para que os mortos ao volver as súas casas a comeran. Esta tradición foi evolucionando ata hoxe en día que os nenos van pedindo polas casas larpeiradas.
  • Cando os romanos conquistaron aos celtas adoptaron algúns dos seus costumes como o Samaín. Ao cabo do tempo déronse de conta de que estes costumes eran herdadas e esnaquizaron todo o que tiña que ver con elas (Cultura, costumes, monumentos…). Ese era o momento no que os pobos libres pagáns íanse convertendo ao cristianismo. Así foi como o 1 de Novembro pasou a chamarse Día de Todos os Santos, tradición que foi evolucionando ata o chamado « HALLOWEN » de hoxe en día.
  • Os celtas tamén baleiraban nabos para meterlles dentro candeas para alumear, esta é outra das tradicións que evolucionou co « HALLOWEN » no que se fai o mesmo pero con cabazas.

SAMAÍN NA CULTURA GALEGA:

  • Rafael López Loureiro foi o encargado de redescubrir que esta tradición existía en Galicia, Zamora, León e no norte de Cáceres ata hai menos de 30 anos. Escribiu un libro chamado «Caliveras de melón» con todo o que estudara, os antropólogos comezaron a interesarse por este libro. O que López Loureiro non estudara era a relación que podería existir entre o Samaín e o Magosto.
  • Rafael tamén se interesou pola relación coas cabazas e o culto a morte, encontrou unha peculiaridade en Quiroga (Lugo) onde baleiran as cabazas para logo facer máscaras e usalas no Entroido.
  • Na Vila de Ribadavia, que é un pobo galego, na noite do 31 de Outubro as rúas están cubertas de vampiros, pantasmas, bruxas… E o castelo da cidade é un gran pase de terror entre outras actividades.

SAMAÍN SEGUNDO A LENDA CELTA IRLANDESA:

  • O Ciclo de Ulster está moi influenciado polo Samaín. Xa que as historias están ambientadas na noite de Samaín. Un exemplo de estas historias é a de Echtra Nerai:
  • Esta historia trata dun guerreiro chamado Nera do reino de Connacht. A historia sitúanos no castelo do rei Ailill nunha noite de Samaín. O rei proponlles aos seus guerreiros que lle colguen unha cinta a un dos mortos, ninguén se atreveu agás Nera que vai onde están e cando lle está a poñer a cinta a un este comeza a moverse e lle pide auga. Nera o colle no seu lombo e o leva á primeira casa, nesa non pode entrar, na segunda tampouco e cando chegan á terceira os fogareños danlle auga, no terceiro vaso o morto tíralla por riba aos fogareños e estes morren. Nera volve ao castelo a pola recompensa do reto pero cando chega está todo estragado. Este vai a onde se comunican os dous mundos pensando que os seus compañeiros están todos mortos. Ao chegan atópase aos Sidh que lle ofrecen unha esposa a cambio de que traballe para eles, el acepta e ao cabo do tempo a súa esposa cóntalle a verdade a Nera. Dille que todo o que viu esa noite era mentira pero que ocorrerá na seguinte noite de Samaín se non avisaba aos seus compañeiros. Nera volve ao palacio, avisa aos seus compañeiros e estes loitan contra os que lles queren destrozar o castelo, vencen e Nera volve coa súa esposa. Dise que permanecera alí para sempre.

Paula Martínez Rivera